Tremblay porá-lle a voz ao Neno

O actor infantil Jacob Tremblay (The Predator, Doctor Sleep) será quen lle empreste a súa voz ao protagonista de The Kid, un filme de debuxos animados que tentará versionar a clásica obra de Charlie Chaplin do cinema mudo de 1921 a un mundo de ciéncia-ficción.

A nova versión está ambientada nunha New York do futuro que foi asolagada e dividida verticalmente en dúas rexións distintas. The Kid: An Animated Adventure contará con Tremblay no papel dun neno que vive coa súa nai en Uptown, un lugar aburrido, sen arte e cunha seguridade sobreprotectora.

Cando o neno fuxa na procura de aventuras, acabará na misteriosa e perigosa Downtown, onde atopa a Chaplin, un robot con alma humán. Xuntos embárcan-se nunha misión para descubrir o misterioso segredo após de Chaplin, mentres son perseguidos pola Policía, a nai do neno e un variado grupo de artistas de circo.

Christian Volckman (Renaissance) será o director a partir dun guión que el mesmo escribiu xunto a Rupert Wyatt (Rise Of The Planet Of The Apes). Este último será ademais o produtor executivo.