A Terroriversidade

0
186

Tommy Lee Wallace, o director e guionista responsábel de It, de Halloween III e de Fright Night 2, ten agora previsto levar aos fans do terror de volta ao coléxio no seu novo filme, Helliversity.

Helliversity será o primeiro filme producido pola nova asociación entre FarCor Studios e Indusa Global pola que crearán longametraxes de baixo custe independentes. O copresidente da FarCor Dwayne Corbitt e mais o presidente da Indusa James Ram liderarán esta iniciativa.

En Helliversity, un grupo de estudantes americanos de intercámbio é aterrorizado por un espírito vingativo que os mantén prisioneiros dentro dunha universidade estranxeira de alta seguridade.

Agárda-se que a rodaxe, que durará seis semanas, escomece en marzo en Los Angeles e na Índia.