Nyong’o nunha comédia de ciéncia-ficción

106

A actriz de Black Panther Lupita Nyong’o volverá traballar xunto ao realizador australián Abe Forsythe (Escape From Jupiter, Computer Boy) nunha nova e polo de agora sen título comédia de ciéncia-fcción que moitos xa describen coma unha mistura entre Men In Black e Miss Congeniality.

A parella xa traballara xunta antes en Little Monsters, unha comédia de terror que se estreou con grande éxito no pasado mes de xaneiro no festival de Sundance e que dende aquela foi vendida á NEON e á Hulu. Aquela filme vai sobre un tipo que lle tenta gastar unha broma a unha profesora dunha gardería durante unha excursión escolar, pero se atopan cunha invasión zombi e mais a intervención dos militares dunha base próxima.

Nesta nova película, Forsythe escribirá o guión e será o director mentres que Nyong’o será a produtora xunto a Bruna Papandrea, Jodi Matterson e Steve Hutensky.