A caixa de Pandora da ciéncia-ficción

127

Priscilla Quintana será a protagonista de Pandora, a nova série de acción e ciéncia-ficción que prepara a canle The CW para este verán. Canda ela participarán no reparto Oliver Dench, John Harlan Kim, Noah Huntley, Martin Bobb-Semple, Benita Sandhu, Ben Radcliffe e mais Raechelle Bano.

A série está ambientada no ano 2199, e vai sobre unha habilidosa rapaza que atopa unha nova vida na Académia de Adestramento Espacial da Terra, onde ela e mais os seus amigos aprenderán a defender á Galáxia de ameazas, tanto extra-terrestres coma humáns. Pero cando comecen a xurdir os segredos sobre a natureza da súa identidade, ela deberá descobrir a verdade.

Mark A. Altman e Steve Kriozere, Thomas P. Vitale, Karine Martin e Chris Philip son os produtores executivos. A série xa comezou a se filmar en Bulgária.