David Goyer escribe o relanzamento de Hellraiser

David S. Goyer (Man of Steel, Batman v Superman: Dawn of Justice) ven de ser elixido pola Spyglass Media Group para escribir e producir a nova versión de Hellraiser que relance a clásica saga orixinal do escritor Clive Barker.

A primeira adaptación ao cinema é de 1987 e chegou da man do mesmo Barker, quen versionou a súa novela curta The Hellbound Heart sobre unha muller infiel que tenta axudar ao seu amante morto a fuxir do inferno. O filme presentou aos espectadores a raza de demos chamados Cenobitas, entre os cales está o emblemático Pinhead, a quen se invoca usando unha antiga e sinistra caixa crebacabezas.

A Spyglass financiará, desenvolverá e porá en marcha o filme para a súa distribución internacional. Keith Levine será o produtor.