John McTiernan viaxará a Tau Ceti 4

Uma Thurman e Travis Fimmel (Vikings) serán os máximos protagonistas do vindeiro thriller de acción Tau Ceti 4, do que se encargará nada menos có director de Die Hard e Predator, o veterán John McTiernan, que deste xeito fará a súa primeira incursión no eido da ciéncia-ficción após de contar tan só con The 13th Warrior coma representante do xénero fantástico na súa filmografía.

A história ten lugar no cuarto planeta do sistema solar planeta Tau Ceti, destruído polas guerras, onde atopamos a tres estraños fortemente armados, enfrontados aos oligarcas e militares que aterrorizan o lugar, e dispostos a matar a todos e cada ún deles.

McTiernan será o director a partir dun guión escrito por el mesmo, e será ademais o produtor xunto a Gail Sistrunk, Anthony Katagas e mais Thurman. O proxecto estará á venda no mercado de cinema de Cannes deste ano.