Colaboración entre a Netflix e a Dark Horse

734

Após de rematar a primeiros de ano dúas colaboracións no filme Polar e mais a série The Umbrella Academy, a Netflix ven de asinar un acordo de primeiro lance coa editorial de cómics Dark Horse Entertainment.

O plan é coller os títulos do amplo catálogo da Dark Horse e adapta-los ás pantallas. Entre os títulos mais salientábeis da Dark Horse podemos atopar algúns coma 30 Days of Night, 300, B.P.R.D., Barb Wire, Black Science, Concrete, Fear Agent, The Goon, Harrow County, Hellboy, Low, The Mask, Rex Mundi, Sin City, Tank Girl, Timecop ou Usagi Yojimbo.

Os equipos das dúas compañías están xa a traballar estreitamente para identificar proxectos alén do mundo dos superheroes tradicionais que poder ofrecer á súa base de usuários. A xa mencionada The Umbrella Academy foi renovada para unha segunda tempada após de ser visto por mais de 45 millóns de abonados a esta plataforma.