Picard verá-se na Amazon

788

Xa é oficial. Star Trek: Picard é o título da nova série do universo de Star Trek que ofrecerá a plataforma CBS All Access dentro dos Estados Unidos, e pola Amazon Prime Video a nivel internacional. O acordo é que a Amazon porá os episódios a disposición dos seus abonados un día despois da súa emisión na CBS All Access.

Patrick Stewart abraiou a todo o mundo o ano pasado cando nunha convención en Las Vegas anunciou que ía retomar o seu emblemático persoaxe do capitán Jean-Luc Picard para unha nova série de televisión que tería lugar vinte anos despois dos acontecementos do filme Star Trek: Nemesis (2002). A destrución do planeta Romulus xoga un papel principal nesta série, que xa deu a coñecer unha primeira foto coa imaxe do seu protagonista.

Alison Pill, Harry Treadaway, Isa Briones, Santiago Cabrera, Evan Evagora e Michelle Hurd son os outros actores que conforman o elenco desta série, que de todos os xeitos, non estará no aire até outono ou finais deste ano.