Robert Pattinson, o actor inglés que acadara sona internacional grazas á súa interpretación (por chama-lo dalgún xeito) do vampiro Edward Cullen na saga de Twilight, ven de se converter no novo Bruce Wayne/Batman no filme The Batman que dirixirá Matt Reeves para a Warner Bros. Pictures.
Inda que a nova non conta con confirmación oficial e mesmo algunhas fontes afirman que Pattison non está decidido do todo, o intérprete de 33 anos substituiría asemade ao veterán Ben Affleck, quen recentemente renunciou a continuar co persoaxe para sempre, se ben no seu caso foi debido a problemas persoais.
Reeves dirixiu as dúas últimas entregas da franquía do Planeta dos Símios e hai un par de anos que se converteu no máximo responsábel deste proxecto, que pretende ofrecer unha nova imaxe do home morcego, afastada do canon do Universo DC. Entre os actores cuxos nomes soaron para se facer co papel estiveron Jack O’Connell e mais Kit Harington (Jon Snow en Game of Thrones) polo que xa se sospeitaba que Reeves estaba á procura dunha face mais nova para Batman.
O guión de todos os xeitos está aínda por se rematar. A Warner Bros quere-lle dar a Reeves todo o tempo que precise para desenvolve-lo, coa esperanza de poder superar as decepcionantes aparicións do orelludo persoaxe en Batman v Superman e Justice League.
Nos últimos anos Pattinson tentou desfacer-se da lousa que lle supuxo a súa aparición en Twilight e adicou-se a outras tarefas, coma modelo ou cantante. Coma actor obtivo boas críticas nos seus filmes, coma en Cosmopolis ou The Lost City of Z, pero escaso éxito entre o público. De se confirmar a súa entrada no proxecto, sería o segundo Batman mais novo (Christian Bale tiña 31 cando fixo Batman Begins en 2005).
Reeves e Dylan Clark son os produtores. Agárda-se que a pre-produción poida comezar este verán, dado que o filme conta cunha data de estrea xa fixa, o 25 de xuño de 2021.