A Netflix lanzou a súa primeira novela gráfica o ano pasado coa série limitada The Magic Order, orixinal do veterán Mark Millar (Kick-Ass, Kingsman). Dado que o seu primeiro número converteu-se no cómic mais vendido dos últimos vinte anos, non é de estrañar que a plataforma dixital queira agora desenvolver a história adaptándo-a a unha série de televisión.
No cómic orixinal, catalogado coma fantasía para adultos, cinco famílias de meigos xuran protexer ao noso mundo durante xeracións e deben loitar contra un inimigo que os está a eliminar ún a ún. Polo día viven entre nós coma os nosos veciños, amigos e compañeiros de traballo, pero pola noite son meigos, feiticeiros e esconxuradores que nos protexen das forzas da escuridade… a non ser que a escuridade os atrape a eles antes.
James Wan (The Conjuring) e mais Lindsey Beer serán os produtores executivos da série, que contará con Beer ademais coma guionista e showrunner e con Wan coma director do episódio piloto.
A colección completa cos seis números da série limitada dos cómics apareceu recentemente nas librarías.