Tom King escribe Os Novos Deuses

116

O guionista de cómics gañador dun prémio Eisner Tom King escribirá o guión da longametraxe The New Gods que a cineasta Ava DuVernay dirixe para a Warner Bros. Pictures.

O lendário Jack Kirby creou este cómic, que mestura comentários sociais, mitoloxía e ciéncia-ficción, e que vai sobre unha guerra entre dous planetas, New Genesis e Apokolips. As cousas complícan-se para a Terra cando o ditador da distópica Apokolips, Darkseid, descobre que a humanidade é a chave da ecuación da Anti-Vida que lle permitiría controlar todas as cousas vivas en existéncia.

Darkseid é un dos meirandes superfalcatruáns do universo DC e un vilán intergaláctico que Jim Starlin utilizou para crear un persoaxe semellante, Thanos, no universo dos cómics Marvel.

Kirby, co-creador do Capitán América, os X-Men e mais outros heroes emblemáticos, é o responsábel desta obra, que constitúe unha das catro partes da súa Saga do Cuarto Mundo, catro séries de cómics interconectadas escritas a comezos dos anos 70 e que inclúe a Mister Miracle coma un dos seus títulos. King traballou hai pouco nunha nova versión de Mister Miracle e é o actual guionista dos cómics de Batman.