Gallaecia Cómic

0
254

A Urco Editora ven de anunciar o nacemento dunha nova liña de produtos, esta vez no eido da banda deseñada. Neste senso, Gallaecia será o seu primeiro lanzamento.

Gallaecia é unha BD creada por Miguel Ángel Vigo Baleirón e Iván Rodríguez Arós (Esfenodon), e editada pola Urco Editora. O novo cómic terá unha periodicidade bimensual aproximadamente, e o primeiro número vai-se presentar o sábado 6 de decembro ás 18:00 no Culturgal 2008 (A Coruña). A editorial terá un stand na feira, que descorrerá entre o xoves e o domingo.

Gallaecia combina elementos históricos e fantásticos, introducíndonos no mundo da romanización da antiga Galicia, Gallaecia, a través da resistencia de Lugh “o lobo branco”, quen intenta salvar o seu povo da asimilación cultural.

Para dar boa conta de todo, ven-se de crear un novo fóro para todos os fans e dispoñíbel no enderezo www.gallaeciacomic.com, onde o proxecto estará aberto á discusión de todos os que desexen participar.