Devin Druid pasa pola Porta Pálida

571

O actor de 13 Reasons Why Devin Druid será o protagonista do novo filme do oeste de terror The Pale Door, no que Joe R. Lansdale (Cold In July) participará como produtor executivo. A rodaxe xa comezou e ten lugar nestes intres en Oklahoma.

Aaron B. Koontz (Camera Obscura) é o guionista e director dun filme que vai sobre unha banda de vaqueiros e mais unha misteriosa muller que buscan acubillo nunha cidade pantasma aparentemente deshabitada, despois do roubo a un tren que resultou un desastre e no decurso do cal o seu xefe foi gravemente ferido. A súa primeira parada será o que semella ser un acolledor bordel na praza da vila, pero que é fogar dun aquelarre de bruxas e de lobos sedentos de sangue.

Zachary Knighton, Melora Walters, Bill Sage, Pat Healy, Stan Shaw, Natasha Bassett, Noah Segan e Tina Parker son os actores que forman parte do elenco deste filme, que conta coma guionistas con Keith Lansdale, Cameron Burns e mais o mesmo Koontz.