A 8ª Bóla Máxica

696

A Mattel Films e mais a Blumhouse Productions desenvolverán un filme baseado no clásico xoguete de adiviñación dos anos 50 “Magic 8 Ball”, con Jeff Wadlow (responsábel de Kick-Ass 2 e Truth or Dare) vencellado á dirección e ao guión xunto aos seus colaboradores habituais Jillian Jacobs e Chris Roach.

O xoguete é unha bóla que contén un dado de vinte faces que frota en tinta azulada. Cada unha das vinte faces ten unha breve mensaxe, dez das cales son afirmacións, cinco negacións e as outras cinco frases indefinidas que se poden lér a través dunha xanela no fondo da bóla. O xogo consiste en facer unha pregunta, axitar a bóla e mirar a resposta a través da xaneliña.

Este proxecto será a primeira vez que a Mattel Films chegue a un acordo cunha produtora independente, xa que até agora estivera vencellada á Universal e á Paramount nos seus anteriores filmes, de 2006 e 2010 respectivamente.

Nestes intres a Mattel Films está a desenvolver outros proxectos, entre os que se inclúen os baseados en Barbie, Hot Wheels, Masters of the Universe, American Girl e View Master.