A Netflix e mais a DreamWorks Animation van unir as súas forzas para realizaren Jurassic World: Camp Cretaceous, unha nova série de televisión ambientada na popular franquía dos dinosáuros.
A série terá coma protagonistas a un grupo de seis rapaces que viven aventuras nun acampamento situado na outra parte da illa Nublar. Pero cando os dinosáuros rachen as valas que os teñen prisioneiros e se espallen por toda a illa, os rapaces acabarán atrapados e obrigados a traballaren xuntos para poder sobrevivir.
Camp Cretaceous será a primeira parte dun acordo que inclúe mais séries e programas entre os dous estudos e estará ambientada na liña temporal do filme Jurassic World de 2015. Scott Kreamer (Pinky Malinky) e Lane Lueras (Kung Fu Panda: The Paws of Destiny) serán os showrunners e produtores executivos canda Steven Spielberg, Frank Marshall e Colin Trevorrow. A estrea está prevista para 2020.