Brian Tyree Henry entra no Lugar do Silenzo

118

Brian Tyree Henry está a negociar a súa incorporación ao reparto de A Quiet Place 2, o filme orixinal de John Krasinski que xa inclúe coma protagonistas a Emily Blunt, Cillian Murphy, Millicent Simmonds e Noah Jupe.

Krasinski está a escribir o guión desta secuela ao seu éxito de 2018 sobre unha família que debe vivir en completo silenzo se non queren ser devorados por unhas misteriosas creaturas que cazan baseándo-se no seu oído. Deste xeito, mesmo as tarefas mais normais convérten-se en difíciles: cear coa família, xogar xogos de mesa, ir pescar… todo é unha ameaza para as súas vidas.

Os detalles do argumento desta segunda parte polo de agora non se deron a coñecer. A Henry pola súa banda poderémo-lo ver axiña en Child’s Play, Joker ou Godzilla vs. Kong.