O Marabilloso Maurice e os seus Roedores

Os dereitos sobre a novela da saga de Discworld de Terry Pratchett The Amazing Maurice and His Educated Rodents, o 28° tomo da devandita série, e o primeiro que foi especialmente adicado a un público infantil, veñen de ser adquiridos pola produtora alemá Ulysses Filmproduktion.

O libro, publicado en 2001, é unha versión da clásica fábula do frautista de Hamelin. O seu protagonista é Maurice, un gato da rúa que descubriu o timo perfecto e para leva-lo a cabo conta coa axuda dun rapaz aparvado que sabe tocar a frauta e cunha horda de ratas estrañamente intelixentes de seu.

Pero cando Maurice e mais os seus roedores cheguen á estragada vila de Bad Blintz, descubrirán que hai algo moi malo que os agarda nas adegas.

O proxecto será o primeiro libro da relembrada saga deste autor que é adaptado a unha película de debuxos animados. Terry Rossio (Shrek, Aladdin) escribiu o guión e Toby Genkel será o director. O orzamento para o filme é de 15 millóns de euros.

A equipa está nestes intres tentando recadar a derradeira parte dos cartos que precisan para financiar o proxecto, e xunto co guión e mais o deseño dos persoaxes xa rematados, estarán listos para comezar a produción a finais de ano coa ideia de poder estrear en 2022.