A Canzón do Esquecemento

A Skybound Entertainment e mais a Universal Pictures están a desenvolver un filme baseado en Oblivion Song, a saga de cómics de ciéncia-ficción orixinal de Robert Kirkman (o creador de The Walking Dead) e de Lorenzo De Felici.

A história ten lugar unha década despois de que 300.000 residentes da cidade de Philadelphia resultasen atrapados en Esquecemento (Oblivion no orixinal). Mália os desesperados intentos de rescate lanzados polas autoridades, ninguén puido ser ceibado e após duns anos, todos foron abandoados á súa sorte.

Nombergantes, Nathan Cole non se rendeu e arrisca a súa vida unha e outra vez tentando salvar aos cidadáns perdidos no apocalíptico inferno de Esquecemento. Pero, é esa a verdadeira razón, ou é mais ben que non pode resistir-se aos cantos de serea da Canzón do Esquecemento? Sean O’Keefe (Wonderland) escribirá o guión mentres que Kirkman, David Alpert, Bryan Furst e Sean Furst serán os produtores.