Jake Gyllenhaal liderará a División de Ubisoft

168

Nunha rolda de prensa ofrecida pola Ubisoft no decurso da E3 que se está a celebrar en Los Angeles, a compañía de videoxogos deu a coñecer que a Netflix ven de se facer cos dereitos para levar ao cinema o popular videoxogo The Division, que protagonizarán Jake Gyllenhaal e Jessica Chastain na súa versión para as pantallas grandes.

A história está ambientada nunha New York distópica após dunha pandémia espallada polos cartos en papel. O xogador, que é un axente da División Nacional Estratéxica, está encargado de axudar a reconstruír as operacións da División en Manhattan investigando a natureza da sinistra vaga e combatendo a actividade criminosa que se desencadeou.

No intre do seu lanzamento, o xogo, que é un típico “shooter” en primeira persoa, convertéu-se no que acadou vender mais en menos tempo na história dos videoxogos. Actualmente a súa versión online conta con mais de 20 millóns de xogadores. A súa secuela estaba a se agardar para princípios deste ano.

Rafe Judkins (Wheel of Time) adaptará o guión xunto a David Leitch (Deadpool 2) na dirección. Gyllenhaal, Chastain, Leitch, Kelly Carmichael, Kelly McCormick e Riva Marker serán os produtores.