O cómic chega a Angoulême

0
195

A mascota do FestivalEn 35 anos, a cidade de Angoulême, ao suroeste de Franza, impregnou-se da cultura do cómic, feita de creatividade e liberdade. A rúa Goscinny desemboca na rúa Hergé, murais xigantes con personaxes de cómic penden das fachadas e os debuxantes asinan as súas obras por todas as partes: no recinto do festival, nos cafés, as tendas e mesmo nunha peixería do centro.

A 35ª edición do festival internacional do cómic que aquí se celebra, a máis importante por audiéncia de Europa, abriu as súas portas o día 24 cunha nova organización e no contexto da vitalidade excepcional que vive o sector.

Dende o mediodía os fans agardaban á porta das casetas instaladas en pleo centro desta cidade do suroeste de Franza; casetas que albergan exposicións, encontros con autores, tendas, talleres…

Uns mil autores pasaron por aquí até o domingo 27. Cada ano o festival atrae a unhas 200.000 persoas, das que até un 7% veñen de fóra de Franza. Estas cifras amosan a boa saúde económica do sector: uns números que fan palidecer os doutras pólas da edición.

Con máis de 4.300 títulos publicados en 2007 en Franza, Suiza e Bélxica, a produción empalma 12 anos de medres (un incremento do 4,4% o pasado ano en comparanza con 2006) e as editoriais tradicionais (Gallimard, Grasset, Actes Sud, Laffont…) xa fixaron a súa vista no cómic.

Pero o cómic quixo nos últimos anos fixar-se nunha xeración de autores que cuestionaron os códigos habituais, coma Joann Sfar (O gato do rabino), Marjane Satrapi (Persépole) ou Lewis Trondheim, Grande Prémio de Angouleme en 2006.

Xunto a eles, a novela gráfica, cómics con grande número de páxinas, frecuentemente con guións elaborados por novelistas de prestíxio, fixéron-e un óco entre os álbunes tradicionais.