Michael Rooker coa Torre Escura

O actor de Guardians of the Galaxy Michael Rooker é a mais recente incorporación ao elenco de protagonistas da adaptación á tele de The Dark Tower, a série fantástica de Stephen King que producirá a Amazon. Glen Mazzara será o showrunner e mais o produtor executivo.

Rooker anunciou a súa participación no seu sítio Web oficial, pero sen dar detalles sobre que papel interpretará nesta série, que contará con 13 episódios na súa primeira tempada.

Rooker úne-se en todo caso a Jerome Flynn (Bronn en Game of Thrones) que será un vaqueiro, Jasper Paakkonen (Vikings) coma o Home de Negro e Sam Strike (Nightflyers) coma o pistoleiro Roland Deschain.

A série fora orixinalmente planeada coma acompañamento á película de 2017 protagonizada por Idris Elba e Matthew McConaughey, pero dado o escandalosamente mala que resultou ser, a Amazon deu marcha atrás nos seus plans e decediu-se a recomezar toda a franquía para face-la o mais semellante posíbel aos libros.