O guionista de Coco pása-se a Nárnia

O co-guionista do filme de debuxos animados Coco Matthew Aldrich foi seleccionado pola Netflix para supervisar a prevista adaptación e expansión do universo da saga de novelas de C.S. Lewis The Chronicles of Narnia.

O plan é adaptar as sete novelas coma série de televisión e coma longametraxes, con Aldrich coma director creativo de todos os proxectos, guiando o desenvolvemento e creando as múltiples adaptacións.

Os libros foran xa adaptados moitas veces, incluíndo as versións para o cinema de comezos de século que realizou a Walden Media. A ideia era desenvolver unha nova quenda de filmes, pero eses plans foron abandonados cando a Netflix se fixo cos dereitos nun gran acordo coa C.S. Lewis Company a finais do ano pasado.