Krypton dá paso ao Lobo

A Syfy vai continuar expandindo o seu mundo de precuelas de Superman, que comezou coa série Krypton e que agora vai seguir cun spin-off adicado ao persoaxe de Lobo.

A Warner Horizon TV producirá a nova série, que terá coma protagonista co persoaxe que xa fixo o seu debut no comezo da recén estreada segunda tempada de Krypton o mes pasado. Emmett J. Scanlan é quen lle dá vida a Lobo en Krypton, pero nestes intres aínda non está claro se fará o mesmo rol na série secuela, que polo de agora comezará cun episódio piloto.

Lobo é un anti-heroe da DC Comics que se fixo popular nos anos 90, cando este tipo de persoaxes estaban en auxe. Coma adolescente, foi o responsábel do xenocídio de toda a súa civilización, converténdo-se asemade no derradeiro representante da súa raza no universo. Agora traballa coma mercenário percorrendo a galáxia a bordo dunha motocicleta, fumando e facendo o que mais lle gusta: causar o caos e asasinar.

Cameron Welsh escribirá o guión e será o produtor executivo.