Mercy Graves aparecerá cos Titáns

A segunda tempada de Titans comeza a tomar forma con novas faces e incorporacións. A primeira en chegar é Natalie Gumede (Doctor Who) quen contará cun papel de estrela convidada neste novo universo DC da televisión.

Gumede interpretará a Mercy Graves, a formidábel gardacostas e implacábel man de reita do megalomaníaco multimillonário Lex Luthor. É unha especialista en artes marciais e traballa normalmente coma chófer do seu xefe, agochándo-se baixo unha gorra.

O persoaxe de Graves introduciu-se a finais dos anos 90 na série de televisión Superman: The Animated Series, e dun xeito moi semellante ao que lle aconteceu a Harley Quinn en Batman: The Animated Series, é un raro exemplo de como un persoaxe creado nos debuxos animados da tele puido pasar aos cómics e ser incorporado á fonte orixinal.

Rhona Mitra interpretou o papel recentemente en Supergirl e Cassidy Freeman fixo unha versión distinta en Smallville. O papel tamén foi representado por Tao Okamoto brevemente no filme Batman v Superman: Dawn of Justice.