Simon West traballará no Leste

659

Simon West dirixiu o filme orixinal de 2001 Lara Croft: Tomb Raider que protagonizaron Angelina Jolie e Daniel Craig, e agora será o máximo responsábel dun proxecto chinés cun xeito moi semellante: a longametraxe The Legend Hunters, que contará cun guión de Li Yifan.

A história vai sobre unha equipa que tenta saquear unha tumba creada por mestres de saqueadores de tumbas. A Wanda Pictures e mais a Saints Entertainment producirán este filme, que será a nova entrega do universo “Mojin”, baseado na popular saga de novelas de fantasía Guǐ Chuīdēng (Pantasma soprando a luz) de Zhang Muye.

Os libros son tan populares en China que xa foron adaptados en numerosas ocasións. Zhang Hanyu, Jiang Wu e Celina Jade liderarán o reparto deste proxecto que comezará a se rodar en xullo. A rodaxe levará-se a cabo nos estudos Qingdao Oriental Movie Metropolis e logo pasará a San Petersburgo (Rúsia) a partir de agosto.