Jaume Collett-Serra dirixe Black Adam

O realizador catalán Jaume Collet-Serra (Unknown, The Shallows) será o director do vindeiro filme Black Adam, a nova entrega do Universo DC que protagonizará Dwayne Johnson.

Collet-Serra ven de rematar a rodaxe canda Johnson do filme da Disney Jungle Cruise e a parella decediu continuar traballando xuntos. Johnson, Beau Flynn, Dany Garcia e Hiram Garcia serán os produtores.

Nos cómics da DC, Black Adam é un príncipe exípcio semi-inmortal que é corrompido polos poderes máxicos que lle infunde un meigo. É considerado coma a arquinémese de Shazam, e ten as súas orixes nos primeiros cómics da saga, aló polos anos 40.

O persoaxe ía estar no filme Shazam! pero os estudos e mais os produtores decidiron a última hora non incluí-lo e dar-lle no seu lugar un filme de seu.