Rod Fergusson, o xefe dos estudos de videoxogos The Coalition, confirmou que a vindeira adaptación ao cinema do popular franquía de videoxogos da Microsoft Gears of War estará fóra do canon oficial da franquía.
Fergusson dixo que decediron face-lo así non só para lles dar mais liberdade creativa aos responsábeis do filme, senón tamén coma posíbel xeito de continuar a saga por outros derroteiros distintos aos actuais. Mália o anterior, certos persoaxes e eséncias da franquía orixinal continuarán fieis aos videoxogos:
“A fin de que o filme teña éxito, ten que ser primeiro un grande filme e logo un filme da Gears. Basicamente para poder arranxar isto tivemos que dicir ‘vaites, o filme é unha realidade alternativa. Non debería depender da história nos videoxogos nin influír á história dos xogos’. Eu teño oído falar doutras franquías que chegan cunha enorme Bíblia de cómo é a súa história, poñendo regras aquí e aló e amosando 700 páxinas de como vivir no noso mundo. Cando nós o fixemos, eran só dúas páxinas. Eu lles dixen ‘Aquí tedes dúas páxinas do que non podedes facer e de recomendacións’. Queremos que a xente teña a liberdade de ter novas ideias e de facer as cousas diferente“.
A Universal comezou a desenvolver o filme hai xa case tres anos. As últimas novas eran que F. Scott Frazier (Collide, xXx: Return of Xander Cage) estaba a escribir o guión. Polo de agora non se fixo ningún anúncio sobre quen serán os actores.