Amityville regresa aos anos 70

A Wonderfilm Media Corporation ven de anunciar que Amityville 1974 recebiu a luz verde dos estudos e que a rodaxe comezará en novembro.

A longametraxe tratará sobre os horrendos crimes que supostamente tiveron lugar na realidade e que se converteron na história de trasfondo que utilizou o escritor Jay Anson para escribir en 1977 o seu libro supervendas The Amityville Horror, logo convertido en película e que deu lugar a moitas secuelas.

Casey La Scala (The Remaining) será o director a partir dun guión que el mesmo escribiu e que devovle o foco aos asasinatos que cometeu Ronald DeFeo Jr. cando matou aos seis membros da súa família, o que deu pé á lenda da casa enmeigada.

Jeff Bowler, Todd Garner e Shaun Redick serán os produtores. La Scala pola súa banda está a producir tamén unha adaptación ao cinema do libro de fantasía cristián Fly a Little Higher co director Justin Baldoni para a Warner Bros. Pictures.