Os Xogos da Fame terán precuela

1685

A editorial Scholastic ven de anunciar a data do 19 de maio de 2020 para o lanzamento dunha novela precuela da súa saga de The Hunger Games, escrita pola mesma autora da franquía orixinal, Suzanne Collins.

A história está ambientada no mundo de Panem, 64 anos antes dos acontecementos da triloxía orixinal na mañán do colleita dos décimos Xogos da Fame. A Lionsgate xa está en conversas para se facer cos dereitos da precuela e facer unha versión do libro, que polo de agora ainda non ten título.

Joe Drake, presidente do Lionsgate Motion Picture Group, dixo nunha entrevista: “Coma orgullosos hóspedes dos filmes dos Xogos da Fame, á penas podemos agardar a que se publique o novo libro de Suzanne. Estivemos en comunicación con ela durante o proceso de escritura e anceiamos poder continuar traballando xuntos para a película“.

A Lionsgate adaptou catro películas a partir da triloxía orixinal de Collins, recadando en total ao redor dos 3.000 millóns de dólares en todo o mundo nos despachos de billetes e converténdo-se na segunda millor franquía dos estudos, só por atrás de Twilight.