Ron Howard en debuxos animados

O realizador Ron Howard será o director de The Shrinking of Treehorn, a primeira longametraxe de debuxos animados que fará, baseada no libro para nenos homónimo de Florence Parry Heide.

A história vai sobre un home que comeza a minguar de tamaño despois de xogar a un estraño xogo de mesa, o que acontece sen que os seus pais se decaten de case nada. Rob Lieber (Peter Rabbit) está a adaptar o guión, mentres que o tón visual tentará ser o mais semellante posíbel ás ilustracións orixinais de Edward Gorey no libro.

O proxecto da Paramount Pictures é o primeiro de catro cobizosas longametraxes que mesturarán animación con acción real e que Howard e mais a Imagine Entertainment producirán xunto á compañía australián Animal Logic. Os outros contos que están a agardar a súa oportunidade son Rainbow Serpent, de Stuart Beattie, a comédia Zero, e mais Muttnik, que vai sobre un can astronauta soviético que regresa á súa casa mutado nunha creatura aínda mais horríbel cá orixinal.