Demi Moore úne-se ao Novo Mundo

697

Demi Moore ven de se unir ao reparto cada vez mais grande da nova série de televisión que a canle USA Network está a preparar baseada na clásica novela de ciéncia-ficción de Aldous Huxley Brave New World.

A série recebiu a súa aprobación en febreiro e a história xira ao redor dunha sociedade utópica que acadou a paz e a estabilidade grazas á prohibición da monogámia, a privacidade, o diñeiro, a família e a história.

Alden Ehrenreich interpreta a John o Salvaxe, un home criado fóra dos confíns do Novo Mundo cuxa preséncia ameaza con corromper a ríxida orde social da utópica Nova Londres. Moore terá un papel recurrente coma Linda, a intrépida e desenfreada nai de John. Moore úne-se en todo caso a un grupo de actores entre o que xa están Jessica Brown Findlay, Harry Lloyd, Kylie Bunbury, Hannah John-Kamen, Sen Mitsuji, Joseph Morgan e Nina Sosanya.

David Wiener (Homecoming) será o guionista e showrunner por parte da Universal Content Productions e a Amblin Television. Grant Morrison, Darryl Frank, Justin Falvey e Brian Taylor serán os produtores executivos e Owen Harris dirixirá os primeiros dous episódios.