Final Fantasy XIV, rol na pequena pantalla

656

A Sony Pictures Television ven de anunciar que planea desenvolver unha série de televisión que adaptará con actores reais o popular videoxogo Final Fantasy XIV e que producirá xunto á Square Enix e á Hivemind (responsábel de The Expanse e The Witcher).

A série estará inspirada polos persoaxes e o mundo de Eorzea, pero se enfocará nunha história orixinal no canto de utilizar ou incorporar algunha das que aparecen no xogo de rol para PC. Os persoaxes habituais do xogo aparecerán xunto aos novos. A ideia será falar da loita entre a máxia e a tecnoloxía nunha busca para traer a paz a unha terra en conflito. Os elementos de Final Fantasy coma os chocobos, as naves aéreas, os homes besta ou Cid incorporarán-se á trama.

Ben Lustig e Jake Thornton (Winter’s Knight) escribirán o guión da série, que será emitida nalgún dos servizos de streaming xa existentes ou aínda por se estrear.

O videoxogo Final Fantasy XIV Online conta con mais de 16 millóns de xogadores rexistrados, que dentro de pouco poderán gozar dun novo paquete de expansión titulado Shadowbringers. Esta será a primeira vez que o xogo é adaptado ás pantallas dende que en 2001 a longametraxe Final Fantasy: The Spirits Within tentara mesturar os debuxos animados cunha elegante produción que nembergantes non tivo éxito.