Nova versión de Hänsel e Grethel

483

A produtora Circle of Confusion ven de se facer cos dereitos para levar ao cinema o guión titulado A Wicked Tale, orixinal de Dan Kay, e considerado coma un conto de terror moderno que versiona o clásico dos irmáns Grimm Hänsel und Grethel, co plan de usar a película coma punto de partida para un novo universo de terror baseado nos contos de fadas.

A história vai sobre dous estudantes universitários que atopan algo sinistro nos bosques locais despois de que unha liorta cun compañeiro da Facultade teña consecuéncias mortais. De haber mais secuelas, os estudos pretenden incorporar novas versións de contos de fadas e persoaxes clásicos que estean xa no domínio público.

Zack Andrews e Bobby Roe re-escribirán o guión. O mesmo Roe será o encargado de dirixir o filme, e Andrews, Josh Weinstock, Matt Smith e Lawrence Mattis serán os produtores.