Os produtores Roy Lee (IT) e Dan Farah (Ready Player One) encabezarán o proxecto dunha adaptación á pequena pantalla da emblemática franquía de terror Hellraiser.
A parella une forzas asemade cos actuais donos dos dereitos, Lawrence Kuppin, David Salzman e Eric Gardner, e o seu plan é usar a mitoloxía establecida nos filmes e na novela de Clive Barker The Hellbound Heart coma material de início para deseñar una nova série.
Polo de agora non está claro se a série será unha antoloxía ou algo mais tradicional con persoaxes fixos e unha narración continuada. Todo iso o determinará o seu guionista e showrunner, que tampouco foi nomeado. Unha vez que estea claro, decidirán se emitir a série nunha canle ou nun servizo de streaming.
A franquía vai sobre unha estraña caixa crebacabezas que actúa coma un portal ao inferno e que pode ceibar espantosos seres coñecidos coma os Cenobitas. En total fixéron-se dez filmes, dos cales tan só o primeiro é considerado coma bó. A Spyglass, que posúa os dereitos sobre o devandito filme, non terá participación na nova série.
O guionista de Batman Begins, David S. Goyer, continúa a bordo do proxecto coma produtor e coma guionista dunha longametraxe que tentará resucitar a saga.