Voyagers, adolescentes no espazo

103

Neil Burger (The Upside) dirixirá Voyagers, un novo filme ambientado nun futuro próximo e que narrará a odisea de trinta homes e mulleres novos que son enviados ao espazo nunha misión multi-xeracional na procura dun novo fogar para a humanidade.

A misión nembergantes caerá na loucura e os membros da tripulación descenden a un estado primário, no que non saberán se a ameaza á que se enfrontan é real e está fóra da nave, ou se xa forma parte dela. O proxecto foi considerado coma “O Señor das Moscas dunha nova xeración”.

Tye Sheridan, Lily-Rose Depp, Fionn Whitehead, Viveik Kalra, Quintessa Swindell, Isaac Hempstead Wright, Archie Madekwe, Archie Renaux e Chante Adams son os actores que confirman o reparto e que dan vida aos protagonistas. A equipa de produción ven sendo a mesma cá da recente fita para adolescentes John Wick: Chapter 3 – Parabellum, que está a preparar o comezo da rodaxe en Roménia.

A compañia de Colin Farrell, a Thunder Road, será a responsábel da produción xunto á AGC Studios.