Muschietti dirixirá a Flash

620

O realizador responsábel de IT e Mama, o uruguáio Andy Muschietti, ven de comezar a negociar coa Warner Bros. Pictures a posibilidade de dirixir a adaptación ao cinema do persoaxe Flash da DC Comics.

Até agora falára-se de John Francis Daley e Jonathan Goldstein para respectivamente dirixir e escribir o guión deste proxecto, que levaba xa demasiados meses parado por mor de diferéncias creativas: seica eles querían facer algo divertido e lixeiro, pero o protagonista do filme, Ezra Miller, quería algo mais sinistro. A parella en todo caso abandoa o proxecto dun xeito amigábel.

Miller continúa vencellado ao papel principal de Barry Allen, o home vivo máis rápido do mundo, mália que o guión que el mesmo co-escribiu con Grant Morrison foi rexeitado. No seu lugar, Christina Hodson (Bumblebee, Birds of Prey) será a nova encargada de redactar o libreto.

A parceira e irmá de Andy, Barbara Muschietti, será a produtora xunto a Michael Disco. Os novos plans da Warners son acelerar as cousas e comezar a pre-produción para o mes de xaneiro. Agárda-se polo tanto que se poida chegar a un acordo axiña e asinar canto antes.

A Warners quére-lle dar unha nova oportunidade á súa mais recente fórmula de éxito, despois de que contratara a James Wan (The Conjuring) para Aquaman e a David Sandberg (Lights Out) para Shazam! o que constituíu en ambos casos traer a directores de prestíxio para que lle deran unha visión persoal aos seus persoaxes. Nesta mesma liña cómpre apuntar a recente contratación de Jaume Collet-Serra para dirixir Black Adam.

Pola súa banda, o Flash da tele comezará a rodaxe da súa sexta tempada esta mesma semana, protagonizada por Grant Gustin coma Barry Allen, e programada para regresar a finais de outono.