A Sereíña cantará de verdade

557

A cantante de R&B Halle Bailey, unha das compoñentes do dúo musical Chloe x Halle, será a nova Ariel na versión con actores reais que a Disney está a preparar do seu clásico filme de debuxos animados de 1989 The Little Mermaid.

O director Rob Marshall levaba os dous últimos meses á procura dunha actriz para o papel, pero ao final foi unha cantante, Bailey, quen se fixo co posto. Algunhas fontes confirman que de todos os xeitos ela era a clara favorita dende o comezo.

Bailey entra asemade nun reparto no que xa están Jacob Tremblay e Awkwafina, con Melissa McCarthy ainda en negociacións para o papel de Ursula. O filme incorporará canzóns orixinais e outras provintes do filme orixinal, que foran compostas por Alan Menken e Lin-Manuel Miranda.

Miranda, Marshall, Marc Platt e John DeLuca serán os produtores e David Magee o guionista.