Millie Bobby Brown, unha das principáis protagonistas de Stranger Things, ven de se unir ao elenco de actores para o filme The Eternals que prepara a Marvel Studios.
Brown entra nun reparto no que xa figuran os nomes de Kumail Nanjiani, Ma Dong-seok e Richard Madden, e no que aínda están por confirmar Angelina Jolie e Salma Hayek. Polo de agora non se coñecen mais detalles sobre que papel fará cada ún dos seus protagonistas.
Chloe Zhao dirixirá este filme de superheroes baseado no clásico cómic de 1976 creado por Jack Kirby e mais tarde revivido por Neil Gaiman. Matthew e Ryan Firpo adaptaron o guión para a pantalla grande.
A história xira ao redor duns seres superpoderosos e case inmortáis chamados os Eternos e dunha raza de monstros (os Deviants) que foron creados polos seres cósmicos coñecidos coma os Celestiais.
The Eternals é un dos proxectos mais salientábeis dos que se agardan para a espectacular presentación da Marvel Studios na chamada “Sala H” no decurso da vindeira Comic-Con de San Diego deste ano.