As Rapazas do Xornal

151

A Amazon Studios ven de se facer cos dereitos para levar á tele a novela gráfica Paper Girls, orixinal de de Brian K. Vaughan.

A série vai sobre catro rapazas que mentres reparten xornáis na mañán do día de Samaín de 1988, fican atrapadas sen querer nun conflito entre distintas faccións de viaxeiros temporáis, o que as enviará nunha aventura polo tempo e no decurso da cal deberán salvar o mundo. Mentres viaxan entre o noso presente, o pasado e mais o futuro, atoparán-se con versións de si mesmas e deberán elixir aceitar ou rexeitar o seu destiño.

A Legendary Television (responsábel de Lost In Space) e mais a produtora de Brad Pitt, a Plan B, producirán esta série, que contará coa co-guionista de Toy Story 4 Stephany Folsom para escribir a adaptación. Ela e mais Vaughan serán os produtores executivos.

Folsom é nestes intres unha das asesoras de produción na vindeira série The Lord of the Rings que tamén emitirá a Amazon. Vaughan pola súa banda está vencellado á adaptación pola canle FX do cómic Y: The Last Man, do que el mesmo é autor.