Os Picapedra en versión para maiores

104

A Brownstone Productions de Elizabeth Banks e mais a Warner Brothers Animation producirán conxuntamente unha nova versión do clásico dos debuxos animados The Flintstones.

A versión cómica dunha família prehistórica contaba coma protagonista con Fred (Pedro na versión dobrada ao español que foi emitida en Galiza), a súa muller Wilma e mais a súa filla Pebbles, xunto aos seus veciños os Rubble e mais unha chea de bestas que traballaban coma aparatos domésticos e ferramentas.

A série orixinal debutou en 1960 e foi emitida ao longo de seis tempadas, pero continuou aparecendo nas pantallas durante moitos anos mais xunto a secuelas e spin-offs que a fixeron seguir viva até ben entrado o noso século. A nova versión descríbe-se coma “unha comédia de debuxos animados para adultos baseada nunha ideia orixinal que presenta aos persoaxes dos Flintstones“.

Polo de agora todo isto está en fase de proxecto e non hai ningunha canle de televisión nin servizo de streaming vencellado á ideia, se ben podería chegar finalmente á HBO Max. A franquía contou ademáis de na tele, de versión no cinema con dúas películas con acción real estreadas en 1994 e mais en 2000.