John Carpenter escribe un guión para o Joker

143

O lendário realizador John Carpenter (The Thing, Halloween, Escape from New York) será o co-guionista dun cómic de 40 páxinas titulado The Joker: Year of the Villain.

Carpenter escribirá xunto a Anthony Burch (Borderlands 2), con quen xa colaborara previamente na minisérie da Boom! Studio Big Trouble in Little China: Old Man Jack, e fará asemade o seu debut na DC Comics nun número solto que amosará ao mais famoso superfalcatruán da marca, e se cadra o mais famoso do mundo.

No cómic, Lex Luthor converteu-se nun híbrido alieníxena que lle dí á humanidade que que poden chegar a ser a millor versión de si mesmos se aceitan o mal. Pero o Joker nunca foi moi amigo de non ser o máximo protagonista, e aqueles que o queren deixar nun segundo plan acaban por pagar o prezo.

Nun comunicado, Carpenter dixo: “o Joker é o vilán mais grande dos cómics. Estou orgulloso de me reunir con Anthony neste proxecto“. Philip Tan e mais Marc Deering serán os encargados de debuxar o número, que aparecerá nos andéis das librarías o vindeiro 9 de outubro.