O actor de The Haunting of Hill House Oliver Jackson-Cohen será finalmente o protagonista do vindeiro filme de Leigh Whannell, The Invisible Man, que producirán a Universal Pictures e a Blumhouse.
O actor inglés úne-se deste xeito a Elisabeth Moss, Aldis Hodge, Harriet Dyer e Storm Reid nesta nova versión que tentará poñer ao día ao clásico persoaxe da galería de monstros da Universal.
Polo de agora non se deron a coñecer detalles do argumento, pero este será o primeiro filme no novo xiro da estratéxia dos estudos após de que abandoaran a ideia de interconectar a todos os seus monstros por médio dun “Universo Escuro”, e decediran facer no seu lugar filmes autoconclusivos cun orzamento mais modesto e que permitan aos seus directores aportar unha visión creativa mais persoal.
Whannell escribiu o guión e dirixirá o filme, que comezará a se rodar en Sydney este mes, coa estrea prevista para o 13 de marzo de 2020. Jason Blum será o produtor.