Pistas para Tron 2

0
208

Cando na pasada Comic Con a Disney presentou imaxes do seu longamente agardado proxecto de segunda parte do clásico Tron, fíxo-o baixo o non moi acertado título de Tr2n. As boas novas son que decidiron mudar o nome outra vez, pero as malas son que o novo título é TRZ.

Ademais do novo título, que tampouco semella o mais acertado, se deixaron filtrar algunhas informacións ao respecto da sinopse do argumento. A frase que temos di: “Após de ser transportado á surrealista paisaxe da unidade central dun computador para destruir a un inimigo (Tron), un programador terá que se aliar co líder dunha rebelión contra unha corrupta ciber-entidade“.

Na primeira parte un programador chamado Flynn (Jeff Bridges) era absorbido dentro do computador par ser destruído. Na secuela, é coma se o computador trouxese a un programador para que o axude a se defender. Na metraxe que se puido ver na Comic Con se deixaba adiviñar que Jeff Bridges pdoería interpretar ao malvado, unha entidade computerizada maléfica. En tal caso, podería ter certo senso que existise un Flynn dixitalizado para que trouxese a outro programador para axuda-lo a loitar contra os rebeldes liderados polo seu antigo amigo Tron.