Grazas á súa emisión estendida nas salas de cinema, alén do orixinalmente planeado, a Disney por fin pode presumir de que unha das súas películas, Avengers: Endgame é o filme con mais recadación da história do cinema, sobrepasando asemade a Avatar.
Na noite do domingo 14 de xullo, Endgame levaba recadados 2.781.212.415 dólares en todo o mundo, unha cifra case idéntica, pero aínda por debaixo, dos 2.787.965.087 dólares que fixera Avatar. Pero após de se facer con outros 8,5 millóns mais no decurso da pasada semana, Avenger: Endgame é xa oficialmente o novo récord mundial.
O copresidente da Walt Disney Studios e creativo xefe oficial Alan Horn dixo nun comunicado: “Unha enorme felicitación para as equipas de Marvel Studios e Walt Disney Studios, e grazas aos fans de todo o mundo que ergueron a Avengers: Endgame a estas alturas históricas. Por suposto, mesmo co paso dunha década, o impacto do Avatar de James Cameron fica tan poderoso coma sempre, e os abraiantes logros destes filmes son proba continuada do poder das películas para emocionar ás persoas e leva-las xuntas nunha experiéncia compartida. Os talentosos realizadores atrás destes mundos teñen moito mais gardado, e anceiamos ver o futuro do Universo Cinemático Marvel e de Pandora“.