Thor: Amor e Trebóns

113

Thor: Love and ThunderNo decurso da conferéncia da Marvel Studios na Comic Con de San Diego ven-se de revelar o título da cuarta entrega da saga de Thor, que será Thor: Love and Thunder, dirixida por Taika Waititi e protagonizada por Chris Hemsworth e Tessa Thompson, a probábel nova raíña de Asgard. Waititi confirmou que tamén aparecerá Natalie Portman no papel da Thor feminina que puidemos ver no cómic The Mighty Thor de Jason Aaron. A data de estrea será o 5 de novembro de 2021.