What If? na Fase 4

164

What If...?A Fase 4 do Universo Cinemático da Marvel ven de ser desvelada oficialmente na Cómic-Con de San Diego e un dos anúncios principais é o da nova série de debuxos animados What If?, que contará coa voz de Jeffrey Wright no papel do Vixiante e con moitos outros superheroes que repetirán os seus papéis do cinema, entre eles Chris Hemsworth, Michael B. Jordan, Josh Brolin, Sebastian Stan, Mark Ruffalo, Hayley Atwell, Jeremy Renner, Karen Gillan, Michael Douglas e Jeff Goldblum. What If… será emitido en exclusiva pola Disney+ a partir do verán de 2021.