Unha fantasía viquinga lésbica

98

A máxima responsábel de Twilight, Catherine Hardwicke, será a encargada de dirixir a fita de aventuras fantástica de viquingos Heathen para a Constantin Film e mais a Prime Universe Films.

A história vai sobre a guerreira Aydis, unha lesbián fuxitiva nacida nun mundo cheo de guerras, sofremento e asoballamento das mulleres. A súa misión é acabar co malvado poder do deus-rei Odín.

Hardwicke dirixirá Heathen a partir dun guión escrito por Kerry Williamson, baseado no cómic homónimo orixinal de Natasha Alterici, e ademáis será a produtora executiva. Robert Kulzer, Margo Klewans, Adrian Askarieh e F.J. DeSanto serán os produtores.

A popular directora está aínda nestes intres a producir o programa de ciéncia-ficción da plataforma de vídeo Quibi Don’t Look Deeper, que protagonizan Don Cheadle e Emily Mortimer.