A emblemática saga de novelas de ciéncia-ficción de Douglas Adams The Hitchhiker’s Guide to the Galaxy vai ter unha segunda oportunidade na tele, onde o xigante das comunicacións Hulu (actualmente propiedade da Disney) quere adapta-la a unha série para a pequena pantalla.
Carlton Cuse (Lost, Tom Clancy’s Jack Ryan) e mais o guionista de Wonder Woman Jason Fuchs están a desenvolver esta versión que contará coa produción da ABC Signature.
A propriedade orixinou-se coma série cómica na BBC Radio e após do seu extraordinário éxito Adams escribiu un conxunto de cinco novelas que ían sobre as aventuras do desafortunado turista inglés Arthur Dent.
Dent é ún dos poucos seres humáns que sobrevive á total aniquilación da Terra nos capítulos iniciais do libro, onde se conta que o noso planeta debe desaparecer para deixar paso a unha autoestrada intergaláctica que están a construír.
Cuse e Fuchs serán os guionistas, produtores executivos e showrunners desta série, que tentará ofrecer unha versión modernizada do clásico serial da televisión inglesa dos anos 80, e que logo foi levado ao cinema nunha película de 2005 protagonizada por Martin Freeman, Sam Rockwell, Mos Def e Alan Rickman.