O vindeiro servizo de streaming da HBO, que se chamará HBO Max, ven de lle dar a luz verde á produción de Circe, unha nova minisérie de oito episódios baseada na novela supervendas homónima de Madeline Miller.
Circe é unha versión moderna do clásico persoaxe de Homero en A Odiseia, narrada dende un punto de vista feminista, no que unha poderosa deusa transfórma-se dende unha ninfa até unha formidábel meiga, capaz de desafiar aos deuses, titáns e monstros por igual.
Agárda-se que a série inclúa outras figuras do clásico poema épico, coma o Minotáuro, Dédalo e mais o seu fillo Ícaro, a asasina Medeia, e por suposto, a Odiseu.
Rick Jaffa e Amanda Silver (Planet of the Apes, Jurassic World) serán os guionistas e produtores executivos deste drama, que contará coa produción da Chernin Entertainment e mais a Endeavor Content.
Este proxecto úne-se asemade a outras séries que o novo servizo xa está a producir e entre os cales están Dune: The Sisterhood e mais a precuela en debuxos animados dos Gremlins. O comezo das emisións da HBO Max está previsto para o ano que ven.