James Wan nun novo filme de terror

416

O mestre do cinema de terror, o director australián James Wan (Insidious, The Conjuring), regresará ao xénero que lle deu sona no seu novo proxecto na New Line Cinema.

Wan e mais Ingrid Bisu, quen protagonizou The Nun e que é a actual moza de Wan, serán os responsábeis de escribir o guión, do que se di será un filme orixinal e non baseado noutra obra anterior, pero os detalles sobre o seu argumento polo de agora non se deron a coñecer.

Wan será tamén o produtor do filme por médio da súa compañía, a Atomic Monster, xunto a Michael Clear. O plan é rodar o filme en outono en Los Angeles antes de comezar coa pre-produción da secuela de Aquaman.

O último filme de terror de Wan foi The Conjuring 2 en 2016, aínda que dende aquela produciu asemade moitas obras do mesmo xénero, entre os cales cómpre salientar The Curse of La Llorona, Annabelle Comes Home ou a série de televisión Swamp Thing. Ademais, ainda continúa vencellado coma produtor ao proxecto de The Tommyknockers, neste caso mesturando terror con ciéncia-ficción.